CRTVG

Buscar

Matalobos

Ano 2: traizóns

18/09/2012

Despois do capítulo especial titulado “A Familia” e como anticipo dos novos capítulos que se estrearán proximamente, a Televisión de Galicia ofrece unha segunda entrega dedicada a recordar a terceira tempada da serie “Matalobos”.
   
    “Ano 2: traizóns” é o título do segundo especial co que a serie rememora algúns dos seus momentos máis significativos. Nesta ocasión, os espectadores da TVG lembran o pasado a través dalgunhas das traizóns que tiveron como protagonistas os principais personaxes da serie.

    Así, este capítulo retrata o paso de Pincho ao clan dos Veloso durante a estadía de Carmelo no cárcere e rememora a colaboración de Adriana coa Garda Civil, a delicada posición en que o cartel colombiano pon aos Veloso e aos Matalobos e o inesperado protagonismo dun Diego enfermo de cancro.

Atopar capítulo por: