Estache bo!
Anguías con fideos
Coñeceremos a Manolo, da Quintela (Ourense) e as anguías para facer anguías con fideos.
Ingredientes:
- Anguía fresca
- 500 gr de fideos
- 200 gr de feixón verde
- 1 cebola picada
- 1 cullerada de pemento doce
- 5 dentes de allo
- 1 folla de loureiro
- 2 chiscos de sal
- 1 cullerada de tomate concentrado
- Aceite de oliva virxe
Para o machucado:
- 1 presa de améndoas en cru
- 2 rebandas de pan torrado
- Perexil
Elaboración:
Hoxe desfrutaremos dunhas anguías do río Miño. Comezamos torrando unhas améndoas e un anaco de pan, e xunto con perexil e allo fritido, facemos un machucado.
Nunha paella rustrimos ben unha cebola, incorporamos a anguía, o feixón, o tomate, o pemento doce e o loureiro. Cociñamos dous minutos e incorporamos os fideos. Dourámolos, cubrimos con auga e corrixímolo de sal.
Cocemos 6 minutos, integramos o machucado, deixamos repousar dous minutos máis, e listo para comer…!!!