Documental
Angrois no esquecemento
23/07/2015 22:45 h
Produción do Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes, dirixida por Susana R. Recouso e Emilio Carral, gañadora do Mestre Mateo na categoría de mellor documental na última edición dos premios.
Dous anos despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.
Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.