CRTVG

Buscar

Galegos

Andrés Fernández-Albalat Lois

17/05/2014 20:00 h

 O programa está dedicado a unha das principais referencias da arquitectura galega da segunda metade do século XX.

 Fernández-Albalat considera que o arquitecto debe ser humilde, buscar a verdade e non deixarse vencer pola vaidade. Valora o sentido común e a racionalidade da arquitectura popular, non para imitala, senón para aprender a buscar as solucións máis axeitadas aos problemas e ás necesidades das persoas, potenciando o propio, usando materiais axeitados e respectando a paisaxe e a súa escala. Ademais, é crítico coa arquitectura icónica e, como membro do xurado, votou en contra de que se construíse a Cidade da Cultura.

Atopar capítulo por: