Zigzag diario
Andrea Vázquez, Cineuropa e "Colonos y Palomas"
Unha das reportaxes de hoxe está baseada no documental co que dous xornalistas da Televisión de Galicia, Marga Pazos e Alfonso Pérez tiveron a ocasión de abrir o festival de cine Euroárabe Amal, en Santiago de Compostela. Baixo o nome de “Colonos y Palomas”, ambos os dous xornalistas reflicten o camiño que teñen que facer cada día un grupo de rapaces e rapazas palestinos para ir ao colexio, unha ruta que teñen que realizar escoltados polo exército israelí por mor dos perigos que poden correr debido á guerra e aos colonos.
Despois do festival Amal, Santiago de Compostela volverase converter na capital do cine coa acollida do festival Cineuropa a próxima semana. E como a ocasión o merece, o equipo do programa fará un repaso polas estreas do festival. Dentro desa oferta cinematográfica está o documental da convidada de hoxe, Andrea Vázquez. A directora vén falar de “La imagen Reb/Velada”, unha peza en que fai un percorrido pola traxectoria do fotógrafo Baldomero Pestana.