Casamos!
Andrea e Emilio
16/10/2014 22:00 h
Andrea e Emilio están convencidos de que só se vive unha vez. Andrea é unha moza viguesa que sabe moi ben o que quere custe o que lle custe e Emilio, ourensán, sempre a apoia en cada unha das decisións que toma.
A pesar de que o romanticismo non vai moito con eles, a maneira que tivo Emilio de pedirlle matrimonio non deixou indiferente a familiares nin amigos. Con todo, o seu traballo non lle deixa tanto tempo para ocuparse dos preparativos da voda como lle gustaría, o que para Andrea suporá algunha que outra dor de cabeza.