CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 10: Andorra

02/09/2010 22:20 h

Na súa viaxe polas curiosidades das cidades máis significativas amosadas por un galego singular, o programa da TVG "Galegos no Mundo" non irá moi lonxe esta noite e recalará nun lugar lindeiro coas fronteiras españolas: Andorra, un principado cunha extensión que non chega á cuarta parte da provincia de Ourense, onde viven unhas 80.000 persoas, 5.000 delas galegos.

Este pequeno principado é un gran parque de atraccións ao aire libre para amantes dos paraísos naturais e montaña e un refuxio para millonarios de medio mundo. Sen impostos, con banca privada, con 200 pistas de esquí, 300 hoteis e 30.000 tendas, Andorra recibe 11 millóns de turistas ao ano atraídos por algún destes motivos.

Os espectadores da Televisión de Galicia coñecerán hoxe a historia de Xosé, un construtor de éxito que contrata a moitos dos galegos que chegan ao país; e de Jesús, que chegou a Andorra atraído pola súa paixón polos deportes de neve. "Galegos no Mundo" tamén contará co testemuño, entre outros, de Vanessa, que chegou a Andorra sendo unha nena; Manuel, cuxa viaxe de lúa de mel ao principado se alongou ata hoxe; e de Teresa, que viaxou a Andorra por recomendación médica pero que quedou e fundou un bar onde é difícil escoitar outro idioma que non sexa o galego.

Atopar capítulo por: