Zigzag diario
Ana Domínguez, Tamar Novas, Simón Casal e "Alicia" en galego
O filme “Un otoño sin Berlín”, dirixido por Lara Izagirre, estreouse hai poucos días e hoxe en “ZigZag Diario” contará co testemuño do actor galego Tamar Novas, un dos protagonistas da cinta que contará as súas experiencias co personaxe que interpreta, Diego, as anécdotas da rodaxe e moito máis.
No estudio de gravación contarase coa presenza da directora Ana Domínguez, que acode a falar sobre o seu documental “Os fillos da vide”. Unha pequena mostra en que fai unha viaxe a través do cultivo da vide, nel se mostran os cambios que se producen entre tres xeracións de cultivadores da uva e os cambios que se produciron na sociedade do rural durante este último século. Nunha parte, Domínguez tamén fai unha viaxe de regresión aos recordos da infancia.
Outra das reportaxes propostas polo equipo deste espazo cultural da tvG2 falará sobre a longametraxe “Lobos Sucios” de Simón Casal. Esta peza, en que se mestura a realidade dunha mina coa fantasía das meigas galegas, é a encargada de abrir o Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF). A Cidade das Burgas acollerá este evento ata o próximo 22 deste mes.