Luci
Capítulo 3: Algo no motor
11/05/2014 22:00 h
Luci ten que facer a súa primeira visita á ITV, con tan mala sorte que o seu coche non pasa a inspección. Lévao a arranxar ao taller que lle recomendan alí, rexentado por un tal Topi (David Perdomo), un mecánico con moita cara que cre que as mulleres non saben conducir.
Topi faille unha chapuza con pezas de segunda man e pretende cobrarlle un diñeiral. Cando lle devolve o coche a Luci este segue dando fallos, pero co que non conta e que Luci saberá pouco de mecánica, pero non se deixa vacilar por ninguén.