Zigzag diario
"Alfonso Sucasas, o costumismo trascendido", "Casiopea" e a 14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa
A sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo acolle ata o 26 de outubro a mostra "Alfonso Sucasas, o costumismo trascendido", unha exposición con 18 lenzos do célebre artista, referente da pintura galega. A súa viúva, María Espinosa, estará no estudo de gravación do “ZigZag Diario” para falar desta retrospectiva.O programa diario da tvG2 emitirá tamén unha reportaxe sobre cinco mozos da Coruña que veñen de por en marcha a Sala Nautilus, un proxecto destinado á exhibición de mostras fotográficas. "Casiopea", unha exposición colectiva con obras de nove creadores galegos, é a primeira colección que se exhibe nesta sala coruñesa.O “ZigZag Diario” tamén falará da 14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa, que recolle obras de 50 creadores no Museo de Arte Contemporánea da Coruña (MAC).