Zigzag diario
Alexia Muíños, Xiana Gómez Díaz e Olaia Sendón
16/06/2016 21:00 h
“ZigZag Diario” estará dedicado ao cinema feito por mulleres. Tres directoras galegas teñen novos proxectos e o programa cultural da tvG2 conversará hoxe con elas. En primeiro lugar, a canle pública visitará a rodaxe de “As Troitas cantan ao mencer”, de Alexia Muíños.
O “ZigZag Diario” conversará tamén con Xiana Gómez Díaz, directora lucense que acaba de pasar pola Mostra de Cinema Periférico S8, da Coruña, onde falou da que será tamén a súa primeira longametraxe: “Proyecto D”.
O programa presentado por Pilar G. Rego contará coa presenza no estudo de gravación de Olaia Sendón, que presentou onte o seu filme “Kauflanders” no cine Cantones da Coruña.