CRTVG

Buscar

Documental

Alén da Terra

12/04/2022 23:25 h

Nos últimos anos estase a producir unha auténtica revolución industrial entorno ao espazo que vai espallar as nosas fronteiras físicas alén da Terra e fará por fin realidade o noso soño de converternos nunha especie multiplanetaria.

O drástico abaratamento do custo do lanzamento de foguetes grazas á firme aposta de grandes empresas como SpaceX e Blue Origin está abrindo a puerta do espazo a multitude de empresas, que ofrecerán todo tipo de servizos como a produción de combustible, a extracción de recursos ou as viaxes turísticas. Unha desas empresas é Alén Space, unha compañía galega especializada na fabricación e lanzamento de nanosatélites, que podería supoñer o primeiro paso dunha verdadeira industria aeroespacial galega.

Atopar capítulo por: