Zigzag diario
Hórreos vivenda / Entrevista a Alberto González Alegre / Gabriel Tizón
22/10/2013 21:00 h
Na axenda do programa cultural da TVG, a presentadora Pilar García Rego entrevistará a Alberto González Alegre, que está o cargo do comisariado dunha exposición no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago sobre a evolución artística de diversos autores galegos.
Despois das noticias da actualidade cultural galega, Mon Santiso ofrecerá unha reportaxe sobre o fotoxornalista Gabriel Tizón, un ferrolán amante do mundo e das viaxes que a pesar da súa xuventude (Ferrol, 1973) ten tras de si unha ampla traxectoria.