CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Alberto Balboa / Mercedes Lence / Biblioteca América

28/12/2014 00:45 h

O programa cultural de cadencia semanal da TVG “ZigZag-Eirado” ten preparado para este último sábado do ano un amplo abano musical con actuacións en vivo e coa presenza das cantantes galegas de gran proxección Beatriz Porrúa e Lucía Pérez. Falando de música, pero doutra dirección, o presentador Tino Santiago entrevistará Alberto Balboa, director do Festival de Ortigueira, quen acaba de recibir o premio da Cultura Galega no apartado musical.

Para esta edición, Mon Santiso preparou dúas reportaxes. Na primeira, a artista plástica viguesa Mercedes Lence presentará a súa obra, que se move entre a figuración e a abstracción. Ten o seu estudio na costa, preto de Vigo, e pinta os mares transmitindo sensacións ben diferentes e nenos, moitos nenos que poboan Zambia, país ao que vai con frecuencia en proxectos humanitarios.

Na segunda reportaxe, os espectadores poderán visitar a Biblioteca América, unha xoia no corazón da Universidade de Santiago. O emigrante galego e mecenas Gumersindo Bustos promoveu esta magna biblioteca con moito esforzo e afán filantrópico. A súa idea era que os galegos afondaran no insondable saber do continente americano, alá polos comezos do ano 1900.

Atopar capítulo por: