Estache bo!
Albóndegas de cordeiro con salsa de quefir
Ingredientes:
Para as albóndegas: 500 gr de carne picada de cordeiro 3 dátiles 6 olivas negras 2 dentes de allo 2 culleradas de perexil fresco 1 ovo 1 culleradiña de pemento doce 1 culleradiña de comiño 1 culleradiña de curry Sal e pementa AOVE Fariña para rebozar Pan relado
Para a salsa de quefir: 1 cunca de quefir 1 culleradiña de comiño 1/2 culleradiña de azucre moreno 1 culleradiña de ceboliño fresco 1 culleradiña de pistachos picados Para a ensalada de arroz: 1 cunca de arroz cocido 1 tomate en brunoise 1 ceboliña en brunoise Follas de menta moi picada Zume de medio limón Perexil moi picado AOVE Sal e pementa
Elaboración:
Hoxe apostamos por especias e cordeiro para montar este prato. Cocemos o arroz e facemos a ensalada co tomate, a cebola, a menta, o limón, o perexil, sal, a pementa e o aceite de oliva. Para a salsa precisamos unha cunca dun bo quefir, e mesturámolo con comiño, azucre moreno, ceboliño, sal, pementa, aceite de oliva e pistachos. Para facer as albóndegas mesturamos a carne de cordeiro, dátiles, olivas negras, o dente de allo, perexil, unha xema de ovo e as especias. Pasámolas por fariña e frixímolas en abundante aceite. Empratamos coa ensalada de arroz, a salsa de quefir, e listo para comer…!!!
O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en O Irixo, a Antonio, da Cooperativa da Santa Mariña de Loureiro, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o quefir.