CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Airiños Aires, Rosalía” de Xurxo Lobato e exposición de Antoni Socías no CGAC

19/04/2016 21:00 h

A Casa do Cabido de Santiago de Compostela acolle a exposición “Airiños Aires, Rosalía” na cal, a través de 50 imaxes de gran formato se amosa a xeografía física e emocional da peregrinación da autora máis coñecida da literatura galega, Rosalía de Castro. O autor desta mostra, Xurxo Lobato, vén hoxe ao “ZigZag Diario” para ampliar máis información sobre a devandita mostra pictórica. 
Dentro deste temático de tendencias, o equipo do “ZigZag Diario” visita a exposición de Antoni Socías no CGAC, todo isto a través dunha reportaxe en que se amosará ese encontro que aspira a indagar as necesidades dun futuro tan incerto coma urxente, partindo dunha actitude crítica dos artistas. 

Atopar capítulo por: