CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Airas Ensemble, Escuchando Elefantes, Dois e Chuck Berry

22/03/2017 21:00 h

Este mércores, “ZigZag Diario” convida ao estudio a Julia Martínez, frautista de Airas Ensemble, que este mes de xaneiro presentaron o seu primeiro disco compacto que inclúe, entre outras, obras do compositor lucense Jesús Bal y Gay. 
Os seguidores do programa tamén poderán escoitar como soa o novo disco do grupo Escuchando Elefantes e repasar, da man de Moncho Lemos, o legado musical de Chuck Berry, un dos pioneiros do rock and roll, quen faleceu o pasado sábado. Ademais, o programa achégase ao pop surrealista e luminoso do trío vigués Dois, que o venres tocarán as cancións do seu novo disco “Está bien” na nave 1839 da Coruña. 

Atopar capítulo por: