A vida é vella
Ainhoa, Manolo Ferro e Bruno
10/07/2017 23:30 h
Benigno Campos reúnese coas súas amigas Paz, Gloria e María Xosé. Arredor dunha mesa en que comen, beben, discuten e se contan as aventuras que viviron durante a semana, intentan resolver os problemas de mozos e mozas ou, polo menos, poñelos a andar na boa dirección.
María Xosé bótalle unha man a Ainhoa, unha nai noviña que non é quen de darlle o peito ao seu segundo fillo; Paz trata de atender a petición de Manolo Ferro, un emprendedor que quere conseguir tres millóns de euros, e Gloria fai que Bruno, estudante de ciencias do mar, entre en contacto polas bravas co mundo mariñeiro.