CRTVG

Buscar

Bamboleo

"Agora ou nunca", con María do Ceo e Henry Méndez

13/02/2016 22:00 h

O primeiro convidado desta noite será o cantante, compositor e produtor musical dominicano Henry Méndez, que no seu novo álbum de estudio fusiona os estilos cos que destacou desde os seus inicios: temas dance, latino e reggaeton. 
O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá a visita da cantante María do Ceo, de orixe portuguesa pero galega de adopción, unha das intérpretes máis recoñecidas internacionalmente, que ten sempre o fado como inspiración tradicional.
Ademais, “Bamboleo” contará coa presenza no escenario da orquestra La Nueva Phila e da cantante e guitarrista galega Silvia Penide, autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público, grazas a un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.

Atopar capítulo por: