Zigzag diario
Aerolíneas Federales, Glenn Frey e Arufe
20/01/2016 21:00 h
A mítica banda Aerolíneas Federales volve ao panorama musical cun novo disco titulado “@AAFF#715”. O grupo xurdido na “movida viguesa” presenta este traballo cunha edición de coleccionista que inclúe vinilo morado, un libro de textos, ilustracións e letras, xunto a un CD e un bonus track.
A cultura musical continuará no programa de hoxe cunha homenaxe ao guitarrista da banda de country rock Eagles. Glenn Frey é coñecido por ser o compositor dun dos grandes temas do grupo, “Hotel California”.
E das bandas pasarán aos solistas. O espazo cultural da tvG2 prepara para hoxe unha reportaxe sobre o rapeiro Arufe.