CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos ata Nova Yersey, Grecia, Australia e Seattle

02/02/2016 22:30 h

  “O país máis grande do mundo” viaxará esta semana ata Nova Yersey para coñecer o ex futbolista Santi Formoso, un home que emigrou con 15 anos aos Estados Unidos e que acabou compartindo vestiario con mitos do fútbol mundial como Pelé, Beckenbauer ou Cruyff. 
No estudio de gravación, o espazo da TVG contará coa presenza do actor Miguel Ángel Blanco, unha das caras máis coñecidas para os espectadores da TVG, polo seu papel protagonista na serie “Serramoura”, onde interpreta o sarxento Diego Bazán.
Tamén estará no estudio Amancio, José Castro Lois, un músico de Ponteceso que empezou despuntar coa batería con só 7 anos e que xa nunca deixou o instrumento. Durante case 30 anos vivíu en Londres, onde chegou a tocar co mesmísimo Frank Sinatra, entre outras moitas figuras da música.  Outro dos destinos de “O país máis grande do mundo” será Grecia, un país onde viven varias galegas que marcharon por amor.
Entre outros moitos temas, os espectadores verán tamén os “videodiarios” de Álvaro Roura, un científico vigués que vive en Melbourne coa súa familia, onde investiga a cría de polbos en catividade; e de Laura Parcero, unha rapaza de Cangas que traballa en Seattle como au pair.

Atopar capítulo por: