CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos a Cuba

16/02/2016 22:00 h

 “O país máis grande do mundo” visitará a illa caribeña para coñecer a Arantxa Fernández, unha profesora universitaria que vive e traballa na Habana, que lles amosará aos espectadores a súa casa, a súa familia e o seu lugar de traballo.
Unha curiosa experiencia relacionada Cuba será a que contará no estudio de gravación o veciño de Láncara Carlos López, que no seu día compartiu unha cea de dez horas con Fidel Castro, en que o propio Fidel foi o encargado de cociñar lagosta. López é secretario da asociación Val de Láncara, que ten recibido varias visitas de membros do goberno cubano interesados en rehabilitar a casa natal do pai de Fidel e Raúl Castro.
O espazo presentado por Rodrigo Vázquez tamén contará esta noite cunha emotiva sorpresa no estudio, en que será protagonista a actriz Aurora Pita, que emigrou a Cuba cando só tiña dous meses e que hoxe é unha das intérpretes máis respectadas e premiadas do país caribeño.

Atopar capítulo por: