CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Abalo e Alonso, “40 anos do FOGA” e Alexandro

22/12/2015 21:00 h

O estudio galego Abalo e Alonso foi galardoado en novembro en Milán co premio A Prize de arquitectura polo proxecto do Centro de Saúde de Monterroso. Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso son os creadores do edificio baseado na súa sinxeleza de volumes e por iso recibiron este premio a nivel internacional.
Tamén neste bloque de reportaxes traen unha proposta sobre a exposición conmemorativa no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela, titulada “40 anos do FOGA” e que supón unha viaxe arredor deste grupo artístico, que se orixinou a mediados dos anos 70 na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
Finalmente, o convidado para o programa de hoxe é o artista plástico Alexandro, que expón no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, canda Antón Lamazares e Vidal Souto, parte da súa obra de pintura.

Atopar capítulo por: