CRTVG

Buscar

A vida do mercado

Cap. 10. A praza de Santiago de Compostela (31/03/2012)

31/03/2012 15:30 h

Ata un dos lugares máis visitados de Santiago, co permiso da catedral, vaise hoxe o percorrido polos mercados máis emblemáticos de Galicia, a praza de abastos de Santiago, da man de Roberto Crespo, un praceiro retirado que coñece moi ben a historia e singularidades do edificio así como a súa evolución arquitectónica.

Protagonistas serán historias como as de Xosé Bermudes, fillo de emigrantes que marcharon á Arxentina, que cando seus pais regresaron no ano 1975 decidiron montar un negocio de venda exclusiva de bacallau, nunha época en que non existían este tipo de establecementos; Pura Noia, froiteira, que conta como vive o día a día tras o seu mostrador e a variedade de xente que chega ao mercado para comprar, que a converte nun cruzamento de camiños, e o punto de vista dun humorista e actor, Xosé Lois Bernal, Farruco, que descobre o mundo interior deste mercado como centro social onde non só se vén a mercar.

Atopar capítulo por: