A vide de Cachín
A vendima (II)
15/03/2016 22:00 h
Na entrega desta semana, Cachín acometerá a segunda parte da vendima e os espectadores verán como se vai facendo o mosto e como se diferencian os traballos na adega para elaborar un branco e un tinto, ademais do esmagamento. Pola súa parte, Vitiño visitará a adega cambadesa de Albamar (Rías Baixas), de Xurxo Alba.
Mentres tanto, Xoán Caracois elaborará unha pescada en prebe verde con ameixas e Xoán Cannas ofrecerá un consello sobre as diferentes gradacións nos viños e noutras bebidas con alcol. Finalmente, a cata a cegas será co físico e presentador de televisión Jorge Mira.