CRTVG

Buscar

A vide de Cachín

A vendima

08/03/2016 22:00 h

Na entrega desta semana, chegou o momento agardado durante moito tempo: o da vendima. Cachín comeza a tarefa co seu fillo, Vitiño e o resto de axudantes. Os espectadores verán todas as tarefas necesarias para unha boa vendima: a carretaxe das caixas, a entrada dos acios na adega, etc.
O consello de Xoán Cannas versará nesta ocasión sobre os destilados que se fan co bagazo do viño. Ademais, o sumiller de “A vide de Cachín” proporalle unha cata a cegas á actriz e presentadora Marta Doviro. A palabra do “videcedario” será cangallo e da maridaxe ocuparase Xoán Caracois, que preparará unhas filloas recheas de castaña. Finalmente, Vitiño marchará na procura dun viño á adega de Lorenzo Bescansa na Terra de Betanzos.

Atopar capítulo por: