Momentos G
A terapia asistida con animais, rehabilitación para cativos e doentes
08/12/2019 14:16 h
Yogui, Jim, Fusco, Marrón, Venus, ou Satchel, un golden retriever que nos acompaña hoxe nesta Revista.
Todos escoitamos que os cans son os mellores amigos do home, pero neste caso a súa axuda vai moito máis alá que a mera compaña. Falamos de cans de terapia, un proxecto pioneiro en Galicia que comezou a funcionar en 2016, non sen algunha reticencia, pero que a estas alturas ten probados e comprobados os que produce que produce nos nenos cos que comparten o seu tempo no hospital Materno da Coruña.