Momentos G
A tecnoloxía de impresión 3D incorpórase ao sistema do Sergas
12/06/2021 14:12 h
Na primeira vaga da pandemia da covid-19, algunhas empresas e afeccionados, coñecidos como makers, empezaron nas súas casas a imprimir en 3D algunhas próteses e outro equipamento médico. O Servicio Galego de Saúde vai empregar esta tecnoloxía e temos con nós a Ana Alonso, investigadora do IDIS, Insitituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que nolo conta.