A Solaina
A solaina (04/10/2011)
O programa “A Solaina”, presentado na súa nova etapa por Beatriz Manjón e Sevi Martínez, contará esta tarde coa participación do actor Luís Iglesia, quen lle dá vida ao malvado Carmelo na serie “Matalobos”, que esta noite inicia unha nova andaina na Televisión de Galicia. Iglesia falará das novidades e das principais tramas que presentará a ficción na súa terceira tempada.
O espazo da Galega establecerá conexión en directo coa rúa Príncipe, en Vigo, onde os reporteiros do programa poderán coñecer polo miúdo a iniciativa dun grupo de comerciantes que, afectados por unha importante redución nas vendas, están a negociar cos propietarios dos locais onde exercen a súa actividade unha rebaixa do prezo do alugueiro como única alternativa ao peche.
Aproveitando a celebración o vindeiro domingo en Goente (As Pontes) da terceira edición da Feira do queixo e do mel, que conta cun concurso de receitas elaboradas con estes dous produtos, “A Solaina” proporá ideas para preparar pratos, tanto doces como salgados, cun produto tan típico do outono como é o mel.
Por outro lado, nunha época propicia para os plans para o novo curso, Isi atreverase a aprender italiano. Ademais, coa axuda dos colaboradores habituais do programa, trataranse temas como as leas entre os grandes operadores de telefonía e como adoitan esquecer certos segmentos da poboación, como é o das persoas maiores; e os aspectos humanos da formación dos médicos.
Na acabada de estrear nova etapa de “A Solaina”, a música e a promoción de novos talentos seguirá a ter un lugar destacado. Esta tarde os espectadores poderán gozar coa mellor música latina da man do