CRTVG

Buscar

A Solaina

A Solaina (12/06/2012)

12/06/2012 18:00 h

“A Solaina” conta coa presenza no estudio de gravación dos deseñadores gráficos Marta Lojo e Quique López, que, desde que en 2004 montaron o seu estudio en Cambados, conseguiron embotellar a creatividade galega e levala ás adegas de todo o mundo. Especializados no packaging de botellas de viño, deseñaron xa a imaxe de máis dun milleiro de marcas, e visitan o programa da TVG para falar da importancia do aspecto do envase para vender un viño.

    Por outro lado, o programa da Televisión de Galicia asiste á Xornada de Xogos Populares Interxeneracionais que se celebra na localidade coruñesa de Ribeira, unha iniciativa da asociación Arrecó que lles permitirá a novos e a maiores competir xogando á chave, aos bolos, aos aros, aos zancos ou á corda.

    Outro dos protagonistas do programa é Manolo Escobar, que celebra 50 anos de carreira. Para achegarse á figura do cantante, “A Solaina” conta coa presenza dun imitador seu, Antonio Miniño. Ademais, ofrécese a actuación da banda coruñesa de pop-rock Los 22.

Atopar capítulo por: