CRTVG

Buscar

A Sariña busca pretendentes

A Sariña busca pretendentes 15

15/06/2022 23:00 h

Chegamos á gran final do concurso. Logo de 15 durísimas semanas de reforma, as dúas parellas finalistas acometen as súas misións cun único obxectivo: ser os mellores pretendentes e gañar unha casa libre de hipotecas.

Os do Bolo -Rosa e Iván- e os Charritos -Noelia e Susiño- fixeron méritos suficientes para chegaren ata aquí, tanto na obra coma cos veciños, pero se queren ser os gañadores terán que facer un derradeiro esforzo. Coma sempre, os últimos metros van ser os peores.

Ambos os dous equipos terán que rematar coa reforma e para iso deberán acometer as tarefas pendentes no interior da casa e tamén no xardín e nos alpendres. E se non lles abondase con isto, por riba deberán atender os veciños, que virán visitar a casa na procura dos mellores anfitrións. Obviamente, cumprir con todo vai ser case imposible, pero diso se trata. Estes últimos días de concurso non os van esquecer na vida.

Atopar capítulo por: