A Revista Fin de Semana
A Revista FDS
10/07/2021 17:34 h
Índice de contidos
Presentación dos contidos do programa
Dígocho eu
Abrimos as portas do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, ubicado no barrio vigués de Bouzas. Conectamos en directo para falar co seu director.
FEGATEA, unha federación que cumpre 21 anos de andaina enriba do escenario. Hoxe estano celebrando facendo de todos os espazos do Gaiás as táboas para a súa representación. Conectamos en directo.
Os empresarios do ocio nocturno, os máis interesado en que se respecten as normas anti-covid. Imos falar con José Luis Asenjo, vicepresidente da sección de ocio nocturno da Federación de Empresarios de Hostalería de Pontevedra e propietario de locais en Vigo.
Conectamos por segunda vez co IIM- CSIC de Vigo para coñecer os traballos de investigación que levan adiante.
Volvemos ao Gaiás. FEGATEA, unha federación que cumpre 21 anos de andaina enriba do escenario. Hoxe estano celebrando facendo de todos os espazos do Gaiás as táboas para a súa representación.
As Torres de Altamira son o Paraíso Próximo de hoxe. Foron no seu tempo unha das grandes fortalezas de Galicia. Hai 550 anos tivo lugar alí unha batalla histórica entre a nobreza e a Igrexa de Santiago. Este ano por primeira vez houbo celebracións para conmemorar este fito e os concellos de Ames e Brión queren que esta festa teña continuidade nos próximos anos.
Estando en xullo pode que non estrañe moito referirnos ás temperaturas altas, pero si que o é se os valores roldan os cincuenta graos e as zonas nas que se rexistran sitúanse no Canadá ou no norte dos Estados Unidos, unha situación que deixou máis de 500 mortos directos, ademais de incendios, asolagamentos ou levantamentos de estradas. Ímolo abordar con Juan Taboada, de Meteogalicia.
O Tempo, con Noelia Rodríguez.
A Xenética é fundamental na medicina moderna. Diso imos falar co doutor Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenónima do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), catedrático de Medicina Legal.
Adianto Informativo, con Irene Lourido
Volvemos en directo ao IIM-CSIC de Vigo para coñecer máis liñas de investigación.
O Cine, con Moncho Lemos.