A Revista Fin de Semana
A Revista FdS
04/07/2021 12:00 h
Índice de contidos
Presentación dos contidos do programa
Dígocho eu
Un cubano de orixe galega quixo honrar os seus maiores emigrados na Habana, lembrando as dificultades para pasar polas fronteiras os chourizos galegos. De tal xeito, decidíu facer chourizos afumados e enlatalos en aceite.
Hoxe visitamos en directo Castro Caldelas, para coñecer o seu castelo e as riquezas da zona.
Son violas de brazo, violas de perna, cítolas, unha rota e unha xiga, instrumentos medievais que agora tamén podemos ver de preto e escoitar grazas á Memoria do son, unha mostra itinerante que pode verse no museo da catedral de Santiago. Imos falar co seu comisario, Luciano Pérez.
Imos en directo ata Culleredo onde celebran o seu Mercado Templario.
Regresamos en directo a Castro Caldelas para coñecer máis segredos do seu espectacular castelo.
A Real Academia Galega ven de escoller a Florencio Delgado Gurriarán como figura a homenaxear nas Letras Galegas do vindeiro ano 2022. Sobre esta decisión imos falar con Víctor Freixanes, presidente da RAG.
Importantes figuras da música panameña homenaxean nunha canción os galegos que traballaron na construcción do Canal.
Da relación deste país, Panamá, con Galicia, imos falar con Carolina García Borrazás, documentalista do Consello da Cultura Galega, e Francisco Sieiro Benedetto, historiador, ambos os dous son autores do libro Galicia en Panamá. Historia de una emigración.
Adianto Informativo, con Irene Lourido
O Tempo, con Mabel Montes
Arredor do do castelo de Castro Caldelas hai moita vida. Un bo exemplo son os formidables productos da zona. Volvemos en directo.
A humanidade convive coas epidemias e as pandemias desde o comezo dos tempos, así nolo lembra un dos maiores expertos nelas, Juan Gestal, unha das voces ás que máis recorremos neste tempo, e que publica Pandemias, las epidemias que asolaron la humanidad.