CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

09/05/2021 12:12 h

Índice de contidos

00:12 Comezamos o programa coas imaxes do incendio onte nunha conserveira de Boiro
00:46 Presentamos os contidos do programa
03:09 'DígochoEu'
04:25 Mapa covid. Incidencia da pandemia en Galicia
05:23 Os concellos galegos endurecen as medidas contra o tabaco nas praias
07:02 Durante este ano de pandemia, o labor das persoas voluntarias da Protección Civil fíxose máis visible e esencial para a axuda, sobre todo, da xente máis desfavorecida
08:59 En Galicia hai unha vintena de balnearios, pero polo momento só dous están activos. Hainos que aínda non pensan abrir de novo, polos altos custos que ten o seu mantemento, mentres que outros se preparan xa para facelo.
10:50 Conectamos en directo con Boiro, onde continúan cos traballos de control do incendio que na tarde de onte se producíu unha conserveira
16:57 Vinte anos de traballo a prol da autonomía e dos dereitos dos doentes afectados por danos cerebrais. Por iso hoxe queremos falar con Luciano Fernández, presidente da Federación Galega de Dano Cerebral.
29:23 Conectamos en directo con Burela para entrar no barco museo Reina del Carmen, todo un símbolo das mareas do bonito que sustentaron a economía da vila
36:19 Regresamos en directo a Boiro, onde continúan cos traballos de control do incendio que na tarde de onte se producíu unha conserveira
43:16 Adianto Informativo, con Irene Lourido
46:05 O tempo, con Noelia Rodríguez
50:41 Volvemos conectar en directo con Burela para coñecer o barco museo Reina del Carmen, todo un símbolo das mareas do bonito que sustentaron a economía da vila
01:00:38 Logo de seis meses, desde a última convocatoria, España vive hoxe o seu primeiro día sen estado de alarma. Das posibles consecuencias da relaxación imos falar con África González, catedrática de Inmunoloxía
01:16:35 Despedida coa música de Miguel Ríos

 

 

 

Atopar capítulo por: