CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

21/02/2021 11:55 h

Índice de contidos

00:02 Presentación dos contidos do programa
01:55 O Grove é un dos principais portos de baixura das Rías Baixas e a súa historia tamén está vinculada ao mar. Moita desa historia está no Museo da Salgadeira, que hoxe visitamos.
09:34 Os mariscadores afectados polos temporais deste inverno xa poden solicitar as axudas da Xunta, pensadas para mellorar as zonas de produción
11:18 Dende o mércores pasado, hai novidades no sector do taxi, que van poder levar traballadores mesmo se non son conviventes
13:08 Esta semana, os transportistas puideron comer quente e sentados á mesa despois de tempo sen poder facelo. Teñen que acreditar que traballan prestando este servizo esencial, sentar sós á mesa e gardar distancia co resto de comensais.
14:54 Investigadores do CSIC crearon un novo material capaz de eliminar o coronavirus. A vantaxe que ofrece este material é que ten múltiples aplicacións, como os téxtiles que se usan para facer as máscaras ou os EPI, pero tamén para recubrir metais ou plástico.
16:29 Con data ou sen data de exame, son moitos os opositores que seguen a prepararse para acceder a unha praza de emprego público, malia a irrupción da pandemia.
18:10 Galicia esperta este domingo coa pegada das inundacións máis importantes do que levamos de inverno. Provocounas Karim, unha borrasca que nos deixou vento de máis de 150 km por hora e máis de 100 litros por metro cadrado en varios puntos do país. Conectamos en directo con Ponteceso.
24:52 Galicia baixou dos dez mil pacientes de covid-19, por primeira vez desde o 13 de xaneiro. A presión hospitalaria tamén baixa. A Coruña segue sendo a que concentra as maiores cifras de ingresados. Conectamos en directo.
28:35 Como atravesan os pequenos e os adolescentes este difícil momento de pandemia? Ímosllo preguntar a José Expóstio, psicólogo infantoxuvenil.
38:03 'Dígocho eu'
39:03 Mapa da covid. Últimos datos actualizados da incidencia da pandemia en Galicia
40:25 Atendemos á situación que están vivindo os docentes? O que si se constata é un aumento da ansiedade e do estrés entre o profesorado. Ímolo falar con Julio Trashorras, Defensor do Profesor en Galicia, do sindicato educativo ANPE.
52:12 Galicia esperta este domingo coa pegada das inundacións máis importantes do que levamos de inverno. Provocounas Karim, unha borrasca que nos deixou vento de máis de 150 km por hora e máis de 100 litros por metro cadrado en varios puntos do país. Conectamos en directo con Ponteceso.
57:08 Galicia baixou dos dez mil pacientes de covid-19, por primeira vez desde o 13 de xaneiro. A presión hospitalaria tamén baixa. A Coruña segue sendo a que concentra as maiores cifras de ingresados. Conectamos en directo.
01:00:28 Hoxe celébrase o Día Internacional do Guía de Turismo. Falamos con Tommi Alvarellos, presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.
01:11:32 A Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada nos colexios da cidade pola Policía Local
01:15:19 Lembramos a Garota de Ipanema na voz de Astrud Gilberto nun día en que remataría o Carnaval do Río de Xaneiro
01:17:41 Adianto informativo, con Irene Lourido.
01:19:18 O Tempo. Con Diego Viaño.
01:22:33 Unha sentenza xudicial avala a loita contra a discriminación de María de la Fuente, directora da unidade de Nanooncoloxía do Insitituto de Investigación Sanitaria de Santiago, coa que conversamos
01:35:59 Despedimos o programa coa canción 'Mediterráneo', de Joan Manuel Serrat, que fai 50 anos

 

 

 

Atopar capítulo por: