CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

07/02/2021 12:04 h

Índice de contidos

00:01 Presentación dos contidos do programa
04:10 'Sexting', 'grooming', 'ciberbullying', 'sextorsión', 'stalking', perfís falsos nas redes sociais... son conceptos que pode que a partir de determinada idade non coñezan demasiado, pero que están cada vez máis presentes entre os mozos e as mozas que navegan por Internet. Falamos de todo isto coa avogada María Jesús Bóo, que elaborou unha guía ao respecto, destinada aos máis novos
17:15 Continúan os cribados masivos para detectar a covid no recinto feiral de Amio. conectamos en directo con Santiago de Compostela
23:57 A fervenza do Ézaro amosa estes días todo o seu esplendor. Visitámola en directo para poder compartila con todos os que pola covid non nos podemos desprazar. Conectamos co concello de Dumbría.
28:33 'Dígocho eu'
30:31 As muras ou socalcos que acollen as videiras son a imaxe que identifica a Ribeira Sacra no mundo. Porén, hai moi poucos profesionais que dominen a cantería para reparalas ou erguelas novas.
32:25 A Xunta pon en marcha unha liña de axudas destinadas ao sector do taxi, un dos colectivos máis afectados pola pandemia.
34:12 Como é o traballo nas UCI dos hospitais galegos? Ímolo saber con Jesús Priego, médico intensivista da UCI dedicada á covid no CHUO.
47:11 Continúan os cribados masivos para detectar a covid no recinto feiral de Amio. Conectamos en directo con Santiago de Compostela.
52:19 Este 2021 tamén é o Ano Internacional das Covas, unha celebración á que se unen desde o xeoparque Montañas do Courel. Por iso queremos falar con Daniel Ballesteros, xeólogo e membro do comité científico do xeoparque.
01:02:22 Adianto Informativo, con Irene Lourido
01:04:26 O tempo, con Mabel Montes
01:07:21 A fervenza do Ézaro amosa estes días todo o seu esplendor. Visitámola en directo para poder compartila con todos os que pola covid non nos podemos desprazar. Conectamos co concello de Dumbría.
01:12:57 Respecto da pandemia da covid-19 adoitamos falar de datos, de cifras, de porcentaxes e de incidencia, pero ás veces esquecemos que todos eses números agochan persoas, familias que quedan marcadas por unha realidade tan dura como a que nos está deixando o coronavirus desde hai case xa un ano. Unha desas vivencias foi a que lle tocou pasar a Diego Framil, co que hoxe falamos
01:24:56 Esta madrugada celébrase a Super Bowl, toda unha tradición que transcende o deportivo e que enfronta os equipos de Tampa e de Kansas. A pandemia fará que sexa inédita, cun público limitado a un terzo do estadio, con todo, serán 22.000 espectadores. Entre eles, haberá uns 7.500 sanitarios vacinados invitados pola NFL. Será tamén a primeira vez que unha muller estea no equipo que arbitre esta final. O descanso, un dos momentos estelares, contará coa acutación de The Weekend.

 

 

 

Atopar capítulo por: