CRTVG

Buscar

A revista

A revista

06/07/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:03 Nova xornada de folga do sector do metal, nuns minutos comeza a marcha en Vigo
00:47 Patricia Abet e Alejandro Vega comentan, entre outros, o caso dos irmáns de Toques acusados de matar e queimar un veciño
14:19 En Vigo, todo listo para que comece a marcha do sector do metal no que é quinto día de paro. Está en directo aló Noelia Vázquez
19:15 Stop Accidentes considera "unha humillación para as vítimas" a última campaña de Tráfico de concienciación contra o consumo de alcol ao volante e piden unha rectificación
25:02 Mercar no pequeno comercio de Santiago pode ter premio. María Calvo comenta os detalles e como se pode participar
30:21 Unhas 250 bestas, mil cincocentos espectadores e medio cento de aloitadores no curro. O sábado, domingo e luns celébrase a Rapa das Bestas de Sabucedo
36:28 En Vigo, os profesionais do sector do metal volven á rúa para reivindicar os seus dereitos laborais despois de que as conversas non dean froitos. Imos en directo á Cidade Olívica
39:40 Ulko-Tammio,a illa de Finlandia, a primeira no mundo de momento, que recomenda aos visitantes que non usen os teléfonos móbiles
44:46 Falamos de maxia, de meigas e de feitixos con Mercedes Fisteus, autora da novela 'La hechicera errante'
48:26 O Canadá, disposta a suspender as viaxes submarinas comerciais ao Titanic. Detrás da petición, entre outros, está o galego Jesús Ferreiro, presidente da Fundación Titanic
52:59 Mercedes Fisteus comenta como a protagonita da súa útlima novela busca aferrarse á maxia como válvula de escape
58:02 Un cociñeiro e unha mestra, corredores populares, correrán 121 quilómetros en 15 horas sen parar para recadar fondos e colaborar coa asociación Bicos de Papel de familias de nenos e nenas con cancro
01:05:02 Diego Viaño anuncia algunha borrasca de verán para as vindeiras horas
01:07:28 Mar de Blues, mañá e pasado en A Guarda, estarán, entre outros, Tommy Castro

Atopar capítulo por: