CRTVG

Buscar

A revista

A revista

26/06/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:05 Comezamos dando conta da desaparición e busca dunha muller de 82 anos en Ourense con boas novas sobre o caso ao pouco de iniciar o programa
01:59 É o combustible das gasolineiras 'low cost' de peor calidade que o das estacións de servizo convencionais? Vai subir o combustible? Falamos con Julio López, da Asoc. Galega de Estacións de Servizo
10:58 Aparece a muller de 82 anos que estaban buscando en Ourense. Conectamos con Raquel Rosa en directo
12:04 Dentro dunhas horas, previsiblemente, xa non será obrigatorio usar máscaras nas farmacias nin nos centros de saúde. Conectamos en directo con Demetrio Morenza desde unha farmacia
15:38 Hai marxe para renegociar a hipoteca coas entidades bancarias; o asesor fiscal Jaime Aneiros dá pistas sobre como facelo
23:48 Sabedes o que é un barrasco? Serve para quitarlles a resina aos piñeiros. Xiana Albor e Manuel Arias, técnico forestal, contan os detalles da profesión de resineiro de montes
35:22 Mercedes Nodar, desde a súa horta na Estrada, comenta os pasos que hai que seguir para plantar remolacha e os seus beneficios
40:22 Yaiza López comenta a suposta crise de parella de Albert Rivera e Malú, entre outras novidades que se comentan en Internet
48:00 Demetrio Morenza, en directo desde a Oficina do Peregrino de Santiago. Segue aumentando o número de visitantes aínda que moitos non son todo o cívico que se espera cando chegan á praza do Obradoiro de Santiago
51:29 Falamos con María Mera e Noli da nova edición do programa da Televisión de Galicia 'A liga dos cantantes extraordinarios', que volve á grella os xoves do verán
01:00:26 Desde as termas de Ourense, Raquel Rosa comenta as elevadas temperaturas que están tendo aló nas últimas horas
01:02:31 Diego Viaño conta que o nordés vai gañar protagonismo esta semana en Galicia
01:04:50 O mércores comeza o Resurrection Fest en Celeiro. Ata o sábado espéranse máis de cento corenta mil persoas

Atopar capítulo por: