A revista
A revista
22/06/2023 10:30 h
Índice de contidos
"A chamada telefónica foi a causa directa do accidente de Angrois", di o fiscal Piñeiro. Comentamos as novidades do xuízo do Alvia con Patricia Abet, xornalista; Manuel Martín, avogado, e Jesús Domínguez, da Asociación de Vítimas do Accidente de Angrois
Horas críticas para a recuperación do somerxible Titan en Terra Nova. Cada vez máis voces comentan a suposta falta de seguridade do batiscafo. Comentamos a situación co enxeñeiro naval Guillermo Gefaell e co creador da Fundación Titanic, Jesús Ferreiro
Liorta en Cuntis, investigan a malleira entre un camioneiro e outro condutor
España, líder en consumo de ansiolíticos. Cada día consumimos 2.700 veces máis ansiolítocos que Alemaña. Comentamos a 'medicalización da vida' con Lorenzo Armenteros, da Sociedade Española de Mediciña Xeral e de Familia
Xa están en marcha os preparativos do San Xoán na Coruña. É a noite do ano na que máis incidencias e chamadas a emerxencias hai. Buscamos as recomendacións para ter unha noite segura con Inés Amor, da Policía Nacional
VIsitamos un mercado para coñecer os prezos das sardiñas a só unhas horas da celebración da noite máis curta do ano
Apareceu unha quenlla no porto da Illa de Arousa, falamos coa oceanógrafa do CEMMA Uxía Vázquez, que comenta tamén como participar nas misións de avistamento de cetáceos desde Fisterra e Cambados
Primeiro día de rebaixas, estamos en directo con Pedro Rielo nunha rúa comercial de Santiago
En Lugo, todo preparado para o Arde Lucus
Diego Viaño conta que os termómetros van ascendendo, sobre todo desde o venres
Bizarrap presenta nova colaboración con Raw Alejandro. É a sesión número 56 do arxentino