CRTVG

Buscar

A revista

A revista

21/06/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:10 En Terra Nova tratan de seguir a pista duns sons submarinos que soan cada 30 minutos e que poderían proceder do somerxible de expedición no Titanic que leva horas desaparecido con cinco tripulantes dentro
01:07 Falamos co galego Jesús Ferreiro, creador da Fundación Titanic, dos posibles escenarios sobre o rescate do submarino desparecido en Terra Nova
07:36 Na Cidade da Cultura continúa o xuízo polo accidente de tren de Angrois
09:25 Profundamos nas posibilidades do autoconsumo compartido de enerxía con paneis solares. Conta os detalles Enrique García, da Organización de Consumidores
14:12 Estamos en directo no Colexo Salesianos de Ourense, que aforran un 30 % da factura de enerxía cada ano grazas á instalación de paneis solares para autoconsumo
18:54 Unha moza de 14 anos é inmune á dor. Falamos co doutor Manuel Viso deste caso raro, que non ten sono nin fame. Ten unha alteración dun cromosoma
26:47 A nutricionista Enma Enríquez conta a importancia que ten o contexto social e emocional para ter unha boa saúde
31:33 Ourense, onde máis centenarios hai de toda España. O laboratorio Ourensanía analiza os hábitos deses maiores para implementalos no resto da sociedade e buscar un alongamento da vida o máis saudable posible
40:13 A asociación Guerreros Púrpura, de axuda a nenos con enfermidades neurolóxicas, endócrinas e metabólicas, busca axuda para facer o Camiño de Santiago
47:45 Ana Gayoso comenta as novidades máis curisosas dos protagonistas das redes sociais
55:54 Último día de cole. Despedimos o curso con Raquel Rosa e os estudantes do CEIP O Couto de Ourense
01:01:12 A previsión di que haberá chuvieiras aínda durante unhas horas. Comenta o que virá Diego Viaño
01:02:35 Todo vendido para escoitar a Vega, que  actúa esta noite en Ourense

Atopar capítulo por: