CRTVG

Buscar

A revista

A revista

19/06/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:16 Dos detidos por darlle unha malleira a un home en Laredo, Cantabria. Buscan máis implicados na liorta. Usaron barras de ferro
01:04 Na Coruña houbo varias liortas na rúa nas últimas horas, dous policías quedaron feridos
02:22 Falamos das vacinas nasais coa investigadora Noemi Csaba, do Centro Singular de Investigacións en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas, CIMUS
08:46 Xuízo polo crime de Gondomar no 2020. Piden trinta anos de cárcere por delito de asasinato para acusado de matar a súa muller propinándolle múltiples coiteladas
10:47 Falamos de seguridade cidadá e das últimas liortas acontecidas na Coruña co secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía, Roberto González
18:00 Falamos do miñato abelleiro, o único depredador que se alimenta de niños de velutina. Vemos un niño no plató. Comentamos con Xiana Albor, o ornitólogo Salvador Rebollo e o naturista José Manuel Fernández
27:26 Mercedes Nodar comenta as bondades da consolda rusa, unha planta que axuda a facer de abono para a terra da nosa horta
31:06 España gaña nos penaltis a Croacia na Liga das Nacións. Hai novidades no Celta e no Deportivo. Falamos con Terio Carrera da actualidade deportiva desta fin de semana
38:32 O equipo de minisbasket feminino de Brión, entre os trinta mellores de España. Falamos con dúas xogadoras e co entrenador
46:16 Adiántanse en moitos establecementos as rebaixas do verán. Demetrio Morenza está en directo nun pequeno establecemento, que cada vez teñen máis difícil competir coas grandes superficies
50:46 Seguen aumentando as vendas de marcas brancas
53:14 Yaiza López comenta algunhas informacións que relacionan a Shakira con Alejandro Sanz
58:17 O actor Christian Escudero, David en 'Saudade de ti', comenta algúns dos apartados menos coñecidos da serie da TVG
01:06:06 Diego Viaño cóntanos que aínda haberá chuvieiras nas vindeiras horas
01:08:20 A arxentina TINI actúa este sábado no Coliseum da Coruña

Atopar capítulo por: