CRTVG

Buscar

A revista

A revista

08/06/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:00 Investigan unha presunta estafa piramidal que afectaría centos de galegos. Investiron con Herrero Brigantina e agora denuncian que non lles dan opción de recuperar os seus cartos
00:40 Falamos con Carlos Tomé, avogado dalgúns clientes de Herrero Brigantina que reclaman a recuperación dos seus cartos sen éxito
10:07 O avogado Alejandro Vega e a xornalista Patricia Abet comentan a presunta estafa financeira, que podería ascenser a máis de cen millóns de euros a clientes en toda España
12:46 En Tui, 20 anos despois da súa morte, declara ante o xuiz un forense que asegura que Deborah Fernández non morreu de xeito natural
18:00 Unha familia de Vigo denuncia que ten a casa ocupada ilegalmente desde hai quince anos e que non logra recuperar a vivenda
22:36 As imaxes submariñas do Villa de Pitanxo serán básicas para aclarar o que realmente sucedeu en febreiro do 2022 en Terra Nova
24:53 En Xove, Lugo, unha ducia de axentes da Garda Civil busca novas pistas sobre o accidente de tráfico en que morreron catro mozos o pasado 1 de abril
26:34 Patricia Abet e Alejandro Vega comentan o caso da muller de Torremolinos que foi atopada morta emparedada na parede da casa en que vivira. A súa exparella confesou que foi el o autor
29:23 Reabren o caso dun vigués que denuncia padecer lesións psíquicas polo elevado que poñia a música un veciño seu. O acusado recoñece que deixaba a música posta na casa para evitar roubos
30:36 Conectamos en directo con Ferrol, Raquel Rosa está nunha cociña dun dos locais que participan na exaltación da zamburiña
34:21 Demetrio Morenza contnúa en Tui, seguindo a declaración do forense do caso da morte de Déborah Fernández
36:04 'O acoso pode tocarnos a calquera. Fala cos teus fillos'é o lema dunha campaña contra o acoso escolar na que participa a Policía Nacional. Está en 'A revista' Inés Amor
44:48 Falamos da operación de amígdalas. Estamos co otorrino Antón Soto
49:29 Terio Carrera comenta as novidades do fútbol galego. Falamos tamén de Messi e da chegada de Benzema a Arabia Saudita
52:21 Hai novo prototipo de lentes de realidade virtual mixta, de Apple. Custarán máis de tres mil cincocentos euros. Marcus Fernández, experto en tecnoloxía, conta como son
59:46 Desde a Universidade da Coruña usan un insecto para acabar co Plumacho da Pampa, unha especie invasora
01:05:55 Como cociñar unha zamburiña negra? unha receita tradicional sempre funciona. Acaban de recuperar as receitas en Ferrol. Raquel Rosa conta os detalles do prato en directo
01:13:07 Diego Viaño chega á Revista para dar os detalles da previsión do tempo para as vindeiras horas

Atopar capítulo por: