CRTVG

Buscar

A revista

A revista

07/06/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:04 Chegan as prazas os primeiros bonitos de Burela. Adiantouse a costeira. Hai boas capturas de momento. Estamos en directo no Mercado da Praza de Lugo da Coruña
04:10 En Xove, máis de medio cento de axentes da Garda Civil buscan novas pistas do accidente de estrada ocorrido en Xove o 1 de abril en que perderon a vida catro mozos
06:29 Hai un ano que caeu o viaduto de Pedradita na A6. Segue o treito do Castro pechado. Demetrio Morenza fala cun transportista que percorre habitualmente pola A-6
09:10 Inditex segue batendo marcas. Logra un beneficie neto de 1.168 millóns de euros. Aumentan as vendas e soben as accións
10:14 Francia prohíbelle aos 'influencers' publicitar como científicos contidos que en realidade están patrocinados por marcas non probadas nin certificadas. Falamos coa Organización de Consumidores para saber como protexernos deses contidos
14:14 Comer comida de cans para gañar músculo, unha malísima idea que está a ser difundida nas redes sociais. O doutor Viso conta os perigos de facelo
17:03 Serve a fibra dietética glucomanano para perder peso? Resposta o doutor Viso
18:58 Durmir a sesta máis de trinta minutos pode axudar a que a umente a graxa abdominal. É o que di un estudo universiatario norteamericano
20:53 Se queremos adelgazar, é bo pasar algo de frío? trasladámoslle a pregunta ao doutor Viso
22:02 Unha investigadora española descobre que foi un fallo xenético e non súa nai quen acabou coa vida de tres bebés en Australia. Ela estivo corenta anos na cadea pagando polo asasinato que, agora di a xustiza, que non cometeu
24:12 O papa Francisco será operado de urxencia esta tarde ante risco de obstrucción intestinal
25:29 Falamos cun transplantado de ril e unha muller que leva un mes esperando por un transplante de ril e pancreas. Hoxe é o Día do Doante de Órganos
31:48 Acoso escolar. A importancia de detectalo a tempo para combatelo. Falamos co psicólogo Iñaki Piñuel de como evitalo
35:10 Todo o deportivismo quere estar en Castelló pero as entradas non chegan. Moitos socios estiveron no despacho de billetes de Riazor horas antes de que abrisen. Falamos diso con Terio Carrera
40:39 En Xove, seguen traballando os axentes de Tráfico que buscan novas pistas na curva da Rigueira sobre o accidente do 1 de abril no que morreron catro mozos
43:13 A como van as sardiñas no Mercado da Praza de Lugo da Coruña? Andan polos cinco euros. Raquel Rosa está en directo falando coas praceiras
47:03 En Vega de Valcarce notan a afluencia de camións ante a via alternativa que hai que coller pola caída do viaduto da A-6. Demetrio Morenza fala en directo na zona
50:51 Comentamos con Ana Gayoso o xuízo do príncipe Enrique contra os tabloides británicos
53:40 Preocupa o estado de saúde do rei Mohamed VI de Marrocos. Chama a atención a súa delgadez
54:40 Comentamos con Ana Gayoso a lista de convidados da voda de Tamara Falcó con Íñigo Onieva
56:21 Martínez Almeida, alcalde de Madrid, e súa parella, Teresa Urquijo, oficializan publicamente a súa relación
57:42 Alejandro Sanz sae a defender a súa exparella, Rachel Valdés, ante os que a acusan de ser a causante do seu mal estado anímico
01:00:51 Diego Viaño cóntanos as novidades que nos traerá a borrasca Oscar nos vindeiros días
01:03:24 Carlangas presenta 'Regalao', o seu novo traballo. Escoitámolo e despedímonos por hoxe en 'A revista'

Atopar capítulo por: