CRTVG

Buscar

A revista

A revista

30/05/2023 10:30 h

Índice de contidos

00:00 Comeza 'A revista' mirando á situación do tempo en Ourense. Seguen as consecuencias das treboadas destes últimos días
00:40 María Calvo está en Ourense en directo cun responsable de Protección Civil que conta as últimas actuacións levadas a cabo na cidade en relación ás incidencias polo mal tempo
06:29 A alerta por treboadas afecta toda España. Só se libran dúas comunidades. Conta os detalles Raúl Quián desde Redacción
08:00 Ana Lage, de Meteogalicia, dá pistas de como manterse informados en tempo real da situación meteorolóxica en Galicia
14:11 Noelia Vázquez está en Betanzos recollendo a última hora sobre un problema de gastrointerite vencellado coa auga da billa
17:43 Analizamos coa nutricionista Lidia Folgar a cantidade de azucre que teñen moitos produtos aparentemente salgados
26:10 Baixa a taxa do IPC de maio. Buscamos os detalles con Raúl Quián desde Redacción
27:13 Ter cartos en efectivo na casa é legal. Falamos de economía e de investimentos co asesor fiscal Jaime Aneiros
32:25 O primeiro contacto coa pornografía entre os máis novos cada vez é antes. Aos once anos, de media. Falamos disto co psicólogo Antonio Rial Boubeta e co sociólogo Lluís Ballester
43:53 Clara Redondo explica no plató cal é o mellor xeito de colocar titores nas plantas
52:12 Clara Redondo explica no plató cal é o mellor xeito de colocar titores nas plantas
01:00:33 Falamos de lingua con Paulino Novo
01:03:51 María Calvo está no centro comercial Ponte Vella de Ourense, que se viu moi afectado pola chuvia nas últimas horas
01:08:35 Comentamos con Paulino as particularidades e curiosidades da palabra 'anduriña'
01:11:00 En Carballo celébrase unha feira de emprego. Conectamos en directo con Noelia Vázquez
01:15:24 Diego Viaño comenta a previsión do tempo para as vindeiras horas

Atopar capítulo por: