A revista
A revista
02/02/2023 10:30 h
Índice de contidos
O Chucán, de novo no banco dos acusados por acoitelar un home. Repasamos este e outros sucesos con Evaristo Nogueira, avogado penalista, e Patricia Abet, xornalista do 'ABC'. Tamén conectamos coa secretaria xeral de igualdade, Susana López Abella para falar da labazada dun home á súa parella en redes sociais e outros asuntos relacionados coa violencia de xénero
Empezan os traballos no viaduto da A-6
O postureo, as frases sobre a felicidade e a moda de andar en pixama pola rúa. Falámolo con Inma Morandeira e a psicóloga María Ferreiro
Aprendemos novas palabras en galego con Paulino Novo e descubrimos a segunda canción gañadora do concurso 'Unha canción para Esther'
Jonydasvie, o galego da Lourenzá que podería representar a San Marino en Eurovisión. Está a espera de saber se pasa á semifinal
Cociñamos porco celta en Lugo
'A revista', líder de audiencia, e así o comparte en Twitter unha das empresas máis prestixiosas de España