A revista
A revista
17/10/2022 10:30 h
Índice de contidos
Arrancamos o programa cociñando a mellor torta de mazá de España. Fana no gastrobar La Carpintería. Veu contárnolo a súa chef pasteleira, Elena Garmendia
No Día Mundial da Erradicacion da pobreza, comprobamos nun supermercado os alimentos que xa deixan de mercar os consumidores. Tamén entramos en directo nun comedor social para ver o novo perfil de usuarios
Mercedes Nodar ensínanos como conservar as castañas e como quitarlles o bicho
Pendentes do paso a disposición xudicial do condutor do coche accidente en Ponte Sampaio. Morreu un mozo e el deu positivo en drogas e alcol
Adriana, Fabio e Luján. Nai e fillos, árbitros de fútbol. Mesmo chegaron a arbitrar xuntos algún partido. Escoitamos a súa historia e falamos con eles da violencia neste deporte
Os 'díxomedixome' de Yaiza López
María Mera, moi emocionada, contounos os segredos da Carballeira. O programa que se emite en directo todos os sábados arredor das 15:30
E rematamos coa mellor muller de blues tradicional, a mellor vocalista. Con Tia Carrol. Actúa esta noite, ás 22.30, no Liceo de Ourense