A revista
A revista
27/09/2022 10:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos de 'A revista' deste martes 27 de setembro
Visitounos o mellor cociñeiro galego, nomeado no Fórum Gastronómico. Moncho Méndez de Millo preparounos unha ensalada rusa con tartar de bonito
A OCU presenta o seu informe anual sobre a cesta da compra, en que analiza a evolución dos prezos en supermercados de toda España e en Internet
Propostas de aforro enerxético: incinerar en caixas de cartón e ducharse en parellas. Falámolo coa ambientóloga Xiana Albor e con José Manuel Rodríguez, responsable dunha funeraria
Aumenta o número de cidadáns que renuncia ás súas herdanzas
Búscanse profesores de matemáticas. Renuncian a ensinanza porque prefiren traballos relacionados coas tecnoloxías. Danlle máis prestixio e páganlles máis. Falamos cunha mestra, Pilar García e escoitamos a opinión da decana da facultade de matemáticas de Santiago
A palabra 'riquiño' é pseudogalega, non galega. Dino desde a Real Academia Galega. A que se leou cando o soubemos polo 'Dígocho eu'
Podería haber escaseza de medicamentos nas farmacias. Carlos Varela Sanchez-Caballero, vicepresidente da patronal europea de distribución farmacéutica axudounos a tranquilizar a poboación
Tempo de 'O agro'