A revista
A revista
23/09/2022 10:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos de 'A revista' deste venres 23 de setembro
Con Mario Arnaldo, o director de Automobilistas Europeos Asociados, e Jeanne Picard, de Stop Accidentes, falamos dos puntos que os maiores lles regalan a familiares infractores, do envellecemento do párking móbil galego, do aumento dos condutores bébedos ou drogados
00:15:59:12 O prezo do gasóleo segue superando, e moito, o da gasolina
Renfe limita o número de billetes que se poden reservar. Unha decisión que non sentou nada ben a plataformas de usuarios
No Día da Explotación Sexual e a Trata falamos con Ana María, unha moza explotada laboralmente. Unha trama desmontada na provincia de Lugo con preto de 80 vítimas. Tamén falamos co avogado do caso Waldir Sinisterra
Quince xogadoras da selección feminina anunciaron que renuncian se o seleccionador segue no cargo
Os prezos dos produtos básicos seguen subindo e cada vez máis xente se ve obrigada a recorrer á axuda social por primeira vez. Coñecemos o traballo de Invisibles e o musical que se vai estrear o vindeiro día 6 de outubro para recadar fondos. Conversamos con Sara Fandiño e Laura Rodríguez
Tempo para os animais. Octavio veu acompañado do veterinario Gumersindo Pérez e trouxo un agapornis
Alba Mancebo veu contarnos os segredos de 'Os castelos'
Rematamos coa música de La M.O.D.A, que actúa esta noite en Santiago