A revista
A revista
20/09/2022 10:30 h
Índice de contidos
Adiantamos os contidos de 'A revista' deste martes 20 de setembro
Seguro de balde para o alugueiro. Cobre o desaloxo de 'okupas', estragos e impagos. Rafael Rey, da Asociación Galega de Inmobiliarias, explicounos as condicións
Xuntanza agora mesmo do Goberno galego con representantes da pesca. Buscan atopar unha solución ao peche de 87 zonas de pesca en augas comunitarias. Afecta uns 200 barcos galegos
Asociacións de enfermeiras propoñen ampliar a vacinación do papiloma nos nenos ata os 14 anos. Contóunolo Cristina Sanmartín, da Asociación Galega de Enfermería de Pediatría
A nai de Diego Bello e presidenta da asociación Xustiza para Diego reúnese co cónsul das Filipinas en España. Queixa formal pola tardanza na detención dos policías implicados
A herba da pampa é unha das plantas incluídas na lista das 100 especies máis daniñas para Europa. Explicóunolo Xiana Albor
Continuamos coa plantación de cogomelos en troncos. Ensínanos a facelo Mercedes Nodar
Esta noite, estrea de '48 horas para o si'. Falamos cos presentadores, Iolanda Muíños e Perico Balado
O venres comeza o outono, pero as temperaturas van seguir moi altas nas vindeiras horas. Comprobámolo en Ourense
Álvaro de Marichalar remata a primeira etapa da volta ao mundo na embarcación máis pequena do mundo, xusto cando fai 500 anos da primeira volta ao mundo
O tempo para as vindeiras horas
Este martes rematamos con música solidaria. Ás 13:00 h, no náutico de San Vicente do Mar, evento a favor do refuxio de animais de Cambados. Actuarán artistas como Grande Amore, Ortiga, Boyanka Kostova e High Paw
Tempo para 'O agro'