A revista
A revista
02/08/2022 12:30 h
Índice de contidos
No tempo de 'O agro' falamos do aproveitamento enerxético dos xurros das granxas a través da metanización, a produción de biogás. Visitamos un exemplo na Bretaña
Adiantamos os contidos de 'A revista' do 2 de agosto
Coñecemos a cooperativa Kracia. Ofrece servizos de márketing dixital e acaba de recibir o premio como o Mellor Proxecto Emprendedor do Ano. Conversamos con David Pouso, comunicador audiovisual; Xacobe Galbán, director de márketing, e Antón Freire, director dixital
Imos agora ata a redacción para falar do que está a ser a gran pregunta das últimas horas, se as novas medidas de aforro enerxético van ser útiles e, sobre todo, como as imos levar. Falamos tamén do prezo da luz en xullo, o segundo máis caro da historia
O rei Filipe VI recibiu esta mañá ao presidente do Goberno, Pedro Sanchez, no Palacio da Almudaina, en Mallorca
Falamos da convivencia entre os avós e os netos co doutor en psicoloxía social Antonio Rial Boubeta e David Facal Mayo, experto en psicoxerontoloxía
Visitamos un dos maiores 'chiringuitos' de España, segundo a revista 'Forbes'. Está na praia da Magadalena, en Cabanas
Xiana Albor axudounos a entender o mundo das abellas e das colmeas
A maquilladora profesional María Mundín deunos consellos para maquillarnos este verán
En Ourense prepáranse para outra xornada de moita calor
Faleceu a viúva do ex-presidente da Xunta Xerarso Fernández Albor
Noelia adiántanos a información do tempo para as vindeiras horas
Rematamos coa estrea da terceira parte de 'Dios mío, pero qué te hemos hecho?' O actor francés Christian Clavier foi o encargado de facer onte a presentación do filme en Madrid